miércoles, 15 de abril de 2009

XEOMETRÍA

Ola a todos e todas!

Dentro de pouco empezaremos co tema de xeometría, pero neste blog iremos adiantando traballo. Seguro que todos e todas sodes capaces de identificar distintas figuras xeométricas (cadrados, rectángulos, círculos...), pero, sodes capaces de atopalas na vida real? Ben, nos próximos días iremos facendo unha serie de actividades nas que se vos vai pedir que busquedes figuras xeométricas na vosa propia casa. Hoxe mesmo direivos en que consiste a primeira desas actividades.
Un saúdo.

No hay comentarios: