miércoles, 11 de marzo de 2009

A REGRA DE TRES, DIRECTA OU INVERSA

Para os que teñan problemiñas coa regra de tres, aqui tedes unha axudiña:

A REGRA DE 3 SIMPLE



1º exemplo: Se 12 naranjas custan 72 euros, cal será o prezo de 20 laranxas? A relación entre 12 e 72 determinará a relación entre 20 e o valor descoñecido.



2º exemplo: Se 6 obreiros tardan 12 días en realizar un traballo, canto tardarán 8 obreiros? A relación entre 6 e 12 nos permitirá averiguar a relación entre 8 e o valor descoñecido.



Pero ¡coidado! Volve a leer os dous exemplos e nota que se parecen pero que no son análoxicos, é máis, uno ten un ingrediente oposto ao do outro.



No primeiro caso:

Máis laranxas custan máis cartos.



Menos laranxas custan menos cartos.



A MÁS CORRESPONDE MÁS

A MENOS CORRESPONDE MENOS

(son directamente proporcionales)



Esto se resolverá aplicando a chamada: REGRA DE TRES SIMPLE DIRECTA



12 ------ 72

20 ------ x



onde x = (72 x 20) / 12.



É dicir que se multiplican os valores que están na diagonal que non contén a x

e se divide ese resultado polo valor que está na diagonal que contén a x.



SEMPRE OS DATOS QUE CORRESPONDAN A MESMA MAGNITUDE

DEBEN QUEDAR NA MESMA COLUMNA:

Cartos sobre cartos, kg sobre kg, horas sobre horas, obreiros sobre obreiros, etc.




--------------------------------------------------------------------------------



No segundo caso:



Máis obreiros tardarán menos tempo.



Menos obreiros tardarán máis tempo.

A MÁS CORRESPONDE MENOS

A MENOS CORRESPONDE MÁS

(son inversamente proporcionais)



Esto se resolverá aplicando a chamada: REGRA DE TRES SIMPLE INVERSA



6 ----- 12

8 ------ x



onde x = (12 x 6) / 8



É dicir que se multiplican entre sí os dous valores da primeira línea horizontal que no conten a x

e se divide o resultado polo valor da segunda línea horizontal que conten a x.

No hay comentarios: