Posto que Rebeca se animou a escribir algúns acertixos con truco... aquí vai tamén un:
Dúas persoas van en bicicleta, unha deica a outra, e teñen 20 Km de distancia entre si. No momento de saír, unha mosca que está no volante dunha das bicicletas comeza a voar deica a outra. En canto chega ó segundo volante, dá media volta e regresa ó primeiro. A mosca voa ida e volta de volante a volante ata que as dúas bicicletas se reúnen. Se cada bicicleta ía a unha velocidade constante de 10 Km/h e a mosca voou a unha velocidade tamén constante de 15 Km/h, ¿que distancia terá voado a mosca en total?
NOTA: Non tratedes de resolvelo con fórmulas, porque vos daría unha serie infinita de sumas. Sede elementais. Sede moscas.
NOTA: Non tratedes de resolvelo con fórmulas, porque vos daría unha serie infinita de sumas. Sede elementais. Sede moscas.
Se tedes moita curiosidade por saber a resposta, podedes atopala no libro “El asesinato del profesor de Matemáticas”, de Jordi Sierra i Fabra
No hay comentarios:
Publicar un comentario