jueves, 29 de enero de 2009

ola!!!!

pois un ano luz equivale a
9,460,800,000,000 kilometros

sábado, 24 de enero de 2009

A MILLA NAÚTICA

A milla naútica mide 1.852 metros.

Por fin a resposta!

Hola! me parece que e encontrado a resposta!
Eu digo que unha onza equivale a 28,3495231
Bueno nos vemos o luns!

Chao! :)

jueves, 22 de enero de 2009

Hola son xurxo a pregunta da profe xa teño a resposta son mais ou menos 500 gramos depende da orixe da libra.
bueno deicalogo.

A ONZA E A LIBRA

Nos países anglosaxóns empréganse estas dúas unidades de masa, en lugar dos típicos gramos e quilogramos. Rebeca vainos dicir cantos gramos ten unha onza e Xurxo, cantos ten unha libra.

O PARSEC E O ANO LUZ

Astrónomos e astronautas usan, entre outras, estas dúas unidades de lonxitude: o parsec e o ano luz. Falar de quilómetros cando estamos no espacio é complicado, pois as distancias son moi grandes. De ahí a necesidade de crear outras unidades de medida. Daniela vainos contar cantos quilómetros ten un ano luz e Arantxa contaranos cantos anos luz ten un parsec.

A MILLA

Existen dous tipos de millas: a terrestre e a náutica (ou mariña). A milla terrestre emprégase habitualmente nos países anglosaxóns (seguro que nas películas americanas vístedes algunha vez escrita a palabra "mile", é dicir, milla en inglés). A diferenza que existe entre estas dúas unidades de medida non é moi grande. Lara vainos dicir cantos metros ten unha milla terrestre e e Uxía cantos ten unha milla náutica.


A IARDA

A iarda é outra medida de lonxitude. Seguro que nalgunha película americana viches un partido de fútbol americano, e alí as distancias mídense con esta unidade. Pero... cantos metros son unha iarda? Iso é o que nos vai contar Gabriel.

miércoles, 21 de enero de 2009

O PÉ

O pé é unha medida de lonxitude. Emprégase habitualmente cando falamos da altura que acada un avión. David vainos contar a cantos metros equivale un pé.

lunes, 19 de enero de 2009

A POLGADA

Empregamos as polgadas cando falamos de televisores, monitores... Cando dicimos que un televisor é de 15 polgadas, significa que a diagonal dese televisor mide 15 polgadas. Pero... que é unha polgada? Ben, Miguel vainos contar a todos e todas cantos centímetros ten unha polgada.

AS UNIDADES DE MEDIDA

Ola!
Bueno, ante todo, desexarvos a todos un bo ano e agredecerlle a Rebeca que se acordara de nós estas vacacións e que escribira unha entrada no blog para felicitarnos o Nadal.
Fai uns días fixemos un repaso, no tema 6, das unidades de medida. Estudiamos algunhas desas medidas, pero supoño que saberedes que existen tamén outras unidades, que ás veces oímos mencionar na televisión, nos periódicos... Ben, pois vouvos mandar a cada un/unha un exercicio no que teredes que buscar información sobre este tipo de unidades.
Un saúde. Estade atentos!!!