Na festa do Samaín os antigos celtas celebraban o final da tempada de colleitas e o inicio no Ano Novo Celta. Os celtas pensaban que nesta data os difuntos tiñan autorización para camiñar entre os vivos, que as portas do máis alá se abrían e que a xente tiña a oportunidade de reunirse cos seus antepasados mortos. Acendíanse lumes sagrados e tallábanse nabos de gran tamaño e, posteriormente, cabazas.
¿Que fas ti na noite do Samaín?